Dream Gap é un proxecto da compañía "Barbie" para a sensibilización respecto aos estereotipos de xénero, unha iniciativa global de largo percorrido que busca crear conciencia sobre os factores que impiden que as nenas alcancen o seu máximo potencial.

A partires dos cinco anos as nenas atopan maiores limitacións que os nenos á hora de considerarse intelixentes, e como resultado comezan a perder confianza nas súas competencias. Este concepto recibe o nome de “Dream Gap”.