CELÉBRASE O DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO LOSADA

NO LOSADA NON MIRAMOS PARA OUTRO LADO

Este sábado celébrase o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Para este venres, día 24, o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez proxectou unha serie de actividades, que teñen como fin visibilizar esta problemática entre a comunidade educativa e tratar de incidir o máis posible na reflexión e concienciación sobre a violencia machista e as súas consecuencias.

Para isto deseñouse a seguinte programación:

1. Concentración da comunidade educativa no patio posterior do centro na que o alumnado de 1º e 2º ESO mostrará os lemas elaborados arredor do día pola eliminación da violencia contra as mulleres. Lectura de manifesto elaborado por alumnado de 1º Bac.
Horario: 12:25 horas.
2. Photocall contra a violencia e pola igualdade na entrada do edificio, nos diferentes recreos. O alumnado de 3º ESO preparou a actividade realizando unha serie de cartóns con mensaxes alusivas ao tema que toda a comunidade poderá utilizar para retratarse.
3. Intervención artística realizada polo alumnado de 1º de ESO consistente en deseños tridimensionais alusivos á mirada sobre a violencia de xénero. Na entrada do centro.
4. Distribución de marcapáxinas conmemorativos entre toda a comunidade.
5. Mesa violeta na Biblioteca do centro, con publicacións arredor da igualdade preparada polo equipo de biblioteca do Losada.
6. O alumnado e profesorado está convidado a traer posta algunha prenda de roupa de cor violeta.