O LOSADA RECIBE AO ALUMNADO E PROFESORADO DO COLLÈGE DU HOULME DE BRIOUZE, NORMANDÍA, FRANCIA

O IES Antón Losada Diéguez acolle a alumnado do Collège du Houlme de Briouze (Normandía, Francia).

 

Foto: Puri Sangiao (Voz de Galicia)

O pasado luns 29, un grupo de 28 rapaces e tres profesores do instituto francés chegaron ao centro estradense dentro do programa de intercambio entre ambas institucións educativas. Esta é a devolución da visita realizada polo noso alumnado a terras francesas o pasado mes de marzo. Foron recibidos ás 12 da mañá no Losada no que realizaron as primeras actividades de coñecemento do centro.

 

Ese mesmo día, ás seis da tarde foron recibidos no Concello da Estrada a cargo do Alcalde da Estrada, don José López Campos. 

O alumnado francés permanecerá con nós toda esta semana, sendo acollido nas casas das familias do alumnado estradense. O mércores realizan unha excursión polas terras de Noia, Ribeira e Castro de Baroña. O xoves visitarán a capital de Galicia e ás 9 da noite dese mesmo día representarán conxuntamente co noso alumnado unha adaptación trilingüe de O principiño, que prepararán nestes días de estancia no Losada. A entrada é libre. No Teatro Principal da Estrada.

O vendes 3 de maio realizarán unha visita e roteiro pola Fervenza e castro de Callobre e unha visita guiada ao Pazo de Oca, antes de partir cara terras francesas. No transcurso da semana participarán na vida académica do centro, asistindo a clases, irealizando ensaios da obra e facendo presentacións da súa terra de orixe ao alumnado estradense.