Skip to Content

MENU ESCOLAR XUÑO 2021

ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Se cubre a solicitude vía Web, terá que entrar en  admisionalumnado , na parte esqueda da páxina ir a solicitude-admisión,crear, cubrir e envíar.

 

Se cubre manual a solicitude no apartado 3 da admisionalumnado aparece

*galego - *castelán, elixir unha , cubrir a solicitude,imprimir e presentar na secretaría do centro nos prazos comprendidos entre o 1 e o 20 de marzo, xunto coa documentación requirida.

DOCUMENTACIÓN:

- Impreso de solicitude cumprimentado sen correccións nin enmendas

- Fotocopia do DNI/ NIE do alumno/a solicitante e dos membros da unidade familiar

- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixídos en cada nivel educativo ou etapa.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

Aberto o prazo de matrícula ESA módulos 2 e 4

Está aberto o prazo de matricula nos módulos 2 e 4 na Educación Secundaria Obrigatoria de Adultos.

Prazos de matrícula dende o 14 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2021

Impreso matrícula

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-22

A Xunta abre o prazo para a reserva de praza en centros educativos ascritos no curso 2021/2022

Vai dirixido ao alumnado que finaliza etapa nun centro escolar e ten que pedila para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por ascrición

Poderá realizarse entre o 11 de xaneiro e o  8 de febreiro

O prazo de solicitude para os alumnos que entren por primeira vez no sistema, así como para os que queiran cambiar de centro, irá do 1 ao 20 de marzo

Luns, 11/01/2021 - 13:40

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre hoxe o prazo de reserva de praza para o  alumnado que finaliza etapa nun centro escolar  e ten que pedila nun centro ascrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). A solicitude  poderá realizarse desde hoxe ata o 8 de febreiro, ambos inclusive. O procedemento réxese pola Orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 22 de decembro.

No  que alcanza aos nenos que entran por primeira vez no sistema (maioritariamente de 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que quieran cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles, os prazos xerais de solicitude de admisión se manteñen, como en anos anteriores, do 1 ao 20 de marzo , ambos inclusive.

Os trámites poderán facerse de maneira telemática a través da aplicación admisionalumnado que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren,e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Adiantar o procedemento permite ás familias dispor de máis tempo para formalizalas reservas de praza,  e aos centros educativos ter máis marxe para completalos trámites administrativos.

Distribuir contido


by Dr. Radut