Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

Concurso de textos de (Des)AMOR

Posto que o 14 de febreiro anda por aí... dende o EDLG en colaboración coa Biblioteca propoñemos un concurso de textos (relatos/cartas, poemas,chíos) sobre a temática do amor en xeral (non vos quededes soamente na variante romántica...) Deixádevos levar pola imaxinación e participade! O enlace contén as bases para participar, e lembrade que o prazo para presentar os escritos remata o martes 11 de febreiro ás 14h.

Teatro Pelos Na Lingua

Dentro das actividades complementarias do Departamento de Galego e do EDLG está recollida a asistencia a obras de teatro. Desta volta, o alumnado de 3º ESO do IES Plurilingüe Fontexería-Muros viaxou o martes día 21de xaneiro a Santiago para asistir, no Salón Teatro, á representación da obra Pelos na Lingua, a cargo da compañía Talía Teatro. Neste enlace aparecen imaxes da actividade, que foi moi ben acollida polo alumnado.

Fontexería Opina e Divulga

No taboleiro do corredor de 2º Bac xa están expostas as copias dos traballos do alumnado do curso 18-19 que foron publicadas en La Voz de Galicia en diversos números. Animádevos a pasar por ese corredor se aínda non o fixestes!

Magosto 19

Un curso máis, o IES Plurilingüe Fontexería celebra o magosto con esquis cooperativos, tirando da corda, arrastrando mortos, xogando coas cadeiras, con culleres e castañas, correndo con sacos, tirando botes, collendo o pano, tirando o trompo, recollendo mazarocas... e por suposto asando e comendo saborosas castañas de Verín. Aquí tendes boa proba...

 

 

https://youtu.be/YHprAyvQ6hk

I Encontro Dixital Na Biblioteca

O pasado luns 28 o alumnado do IES Plurilingüe Fontexería falou via Skype con Patxi García Novo, enxeñeiro de Outes residente no Xapón. Este foi o I Encontro Virtual da Biblioteca, actividade que empeza a funcionar este curso, e que agardamos teña continuidade. A charla resultou, segundo o alumnado, moi interesante. No enlace adxunto tendes unha escolma dalgúns momentos da charla, así coma fotos da actividade 

Cabazas de Samaín

A aula creativa da Biblioteca segue a pleno rendemento. Desta volta parte do alumnado de galego 1º ESO prepara cabazas para o Samaín. Pemede no enlace para ver as imaxes

https://youtu.be/X6ELTzTQokU

 

E este foi o resultado final

II Certame Sobremesas do Magosto

Por segundo ano, o EDLG convoca o Certame gastronómico ao redor da castaña. Xa dende hai un mes os cartaces coas bases están pendurados nos diferentes taboleiros e por algunhas paredes do Centro. Lembrade que hai tres categorías : orixinalidade, sabor e presentación, e que a sobremesa ten que vir acompañada da receita escrita.

Animádevos a participar

Para máis info, premede no arquivo adxunto

Samaín 19

Samaín achégase, e para celebralo, parte do alumnado de galego 1º ESO realizou con Berta Núñez, na aula creativa da biblioteca, uns traballos que estes días decoran a entrada do Centro

Día Europeo das Linguas

  Premede neste enlace para consultar actividades e artigos sobre esta data sinalada

 

https://edl.ecml.at/Home/tabid/1455/language/gl-ES/Default.aspx

Gala de entrega de premios Certame Enreguéifate

 Unha pequena lembranza para iniciar este novo curso 19-20

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut