Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

Léxico Covid

O taboleiro da lingua MAIO

Seguimos confinad@s. Segunda entrega, xa que logo, do noso Taboleiro da lingua, no que iremos pendurando contidos ao longo deste mes no que o Día das Letras tamén se ve adiado...

Premede no enlace para o Taboleiro virtual, que xa ten, entre outros contidos, o primeiro programa de radio deste curso feito no Centro... Afortunadamente, o Covid19 non o paraliza todo...

 

Calendario Maio

Entramos no mes de maio, aínda confinadSelados. Pero  vai quedando menos... xa podedes empezar con moita precaución  a volta ao mundo exterior. E seguide traballando así de ben dende as casas, tod@s, alumnado e profesorado. Parabéns dende aquí

Finalistas gala do libro Galego

O  9 de maio é a data da Gala do Libro Galego. Este ano vai ser ben diferente e a celebración terá que agardar un chisco, mais si se fará público cales son as obras gañadoras en cada categoría. Desde a organización pedíronlle ás persoas finalistas un vídeo presentándose e aquí está Antía Yáñez coa sua novela #bewater publicada en #cuartodeinverno. 

 

Día Do Libro

O Taboleiro Confinado ABRIL

Xa non hai que explicar a razón desta versión do Taboleiro da lingua que adoita estar no pasillo do primeiro andar do Centro... premede no enlace para visitar a versión dixital deste mes de Abril

https://padlet.com/proffrancaism/dyzyao2d1wf5tq6j

Calendario Abril

Segue pasando o tempo, pero

Imaxes do Patrimonio 2

Baixo a coordinación do EDLG, dende o IES Plurilingüe Fontexería levamos varios cursos participando no Certame "As Imaxes do Patrimonio, convocado pola Asociación "Ponte...nas Ondas"  grazas á implicación de profesorado, alumnado e familias. Desta volta, a actividade desenvolveuse cos rapaces e rapazas de 3º ESO. E se ben ningunha das fotografías resultou premiada no concurso, a maior recompensa xa a obtivemos: atesourarmos unha parte de nós.

#ErrantesPoloMundo_rdc_20

O pasado xoves día 20 de febreiro celebramos no Centro o Día de Rosalía. Na Biblioteca, e durante os dous recreos, houbo diferentes actividades: lectura do manifesto da aelg, asinado este ano por Daniel Asorey, presentación dos traballos de alumnado de 1º e 4º da ESO ao redor de versos rosalianos, regueifas de 1º ESO e un Kahoot sobre a autora para rematar de maneira lúdica esta xornada.

FontecallRosaliano

Esta semana de celebración do Día de Rosalía, parte dos membros da Comunidade Educativa do noso Centro (persoal, alumnado e profesorado) participaron co seu bo humor no posado colectivo (xa tradicional) do Instituto. Aquí deixamos o enlace coas divertidas instantáneas...

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut