Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

CURSO 22-23 Calendario SETEMBRO

 

  Iniciamos novo curso (sen máscaras!) cheo de cambios por dentro e por fóra. Coma as obras aínda nos acompañarán un tempo, dende o EDLG pensamos que a temática das reformas acaía ben para as imaxes mensuais do noso calendario. 

A primeira, xa que logo, recolle imaxes dos inicios das obras aló polo segundo trimestre do curso 21/22 

Recomendación de lecturas

 

 

O alumnado de 1 Bac propón un listado de libros para este verán.... ou para vindeiros cursos. Boas lecturas!

 

VIII Día das Galegas nas Letras

Pura Vázquez é a autora escollida este ano polo EDLG para visibilizar á muller no ámbito da Lingua Galega. Dende o EDLG fixemos un pequeno vídeo con alumnas do Centro, que complementa as lecturas levadas a cabo nas aulas os últimos días do curso. Esta é a ligazón ao noso video:

Morre Domingo Villar

 

Triste nova que  acontece logo dunha xornada festiva para as nosas Letras. Dende o IES Plurilingüe Fontexería, unha lembranza a Domingo Villar, que tivo a ben adicarnos unhas Letras Propias no seu día.

    

Letras Galegas 22

 

 

Antes da merecida ponte... no Fontexería montamos a exposición das Letras Galegas adicadas desta volta a Florencio Delgado Gurriarán. 

O alumnado de diferentes grupos traballou a Unidade Didáctica adaptada pola profesora Xacinta Varela, e todos recibiron, do EDLG,  un marcapáxinas conmemorativo. Estas actividades aparecen premendo na seguinte ligazón...

https://youtu.be/39Ab4nODSM8

Presentación Memoria e Patrimonio. Web e video

O mércores 11 foi un gran día no noso Centro. A Asociación Ponte...nas Ondas escolleu ó IES Plurilingüe Fontexería para presentar "mundialmente", tal e coma dixeron no Acto, a súa obra dixital "Memoria e Patrimonio".

#OTaboleiroMaio

 

Pois a versión dixital do Taboleiro deste mes das Letras chega ben florido e cheo de novas... premede na ligazón para comprobalo

https://padlet.com/edlg/tlq0ji4yb33cfkne

O Calendario Maio

A imaxe de Antía Riomao, sacada durante unha andaina da XXXIII Semana Cultural vai acompañada duns versos do autor das Letras Galegas 22

Exposición "Letras Propias" XXXIII Semana Cultural

 

#LetrasPropias

#OTaboleiroAbril

Chega o Taboleiro no que a nosa XXXIII Semana Cultural "Non hai fronteiras" será a grande protagonista...

 

https://padlet.com/archivemuros/bei4dc80xaae0b1z

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut