Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Exposición "Letras Propias" XXXIII Semana Cultural

 

#LetrasPropias

Como cada ano, o EDLG do Instituto colabora activamente nas actividades da Semana Cultural do Centro. Para esta XXXIII Semana Cultural "Non hai fronteiras", o EDLG preparou unha exposición na Biblioteca, con dedicatorias ás persoas usuarias da mesma. Estas dedicatorias foron recollidas ao longo dos dous últimos anos en diversas presentacións en Compostela así como en charlas no noso Centro. Os tarxetóns autografados están acompañados de imaxes dos e das autoras e dalgunha das súas obras. Dende aquí, e por estrita orde alfabética, grazas a

Daniel Asorey - Carlos Callón - Pepe Carballude - Ledicia Costas - Camilo Franco - Guille Galván - Manuel Jabois - Rebeca Losda - Eva Mejuto - Arantza Portabales - Anna R. Figueiredo - María Solar - Juan Tallón - Irene Vallejo - Lito Vila Baleato - Nuria Vilán Prado  e Domingo Villar

por adicarnos un momento.  

Estas dedicatorias e as imaxes para nós quedarán coma arquivo,  que agardamos se poda ir incrementando co tempo. 

       

         

 



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut