Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Curriculum Vitae

O Curriculum Vitae é unha ferramenta de presentación da persoa. Debe conter unha expresión clara e concisa da información relevante sobre os datos persoais, a formación e a experiencia profesional.

Os responsables da selección de persoal das empresas non lle dedican moito máis dun minuto a cada currículum entre os moitos que reciben. Isto fai imprescindible unha boa impresión e destacar os puntos fortes que se teñen. Tan importante como o contido é a presentación.

Lembra...

  • O obxectivo principal do currículo é comunicar os puntos fortes (formación, experiencia profesional) ou calidades que converten a unha persoa en idónea para un posto de traballo.
  • No caso do emprendedor, pode empregalo como unha ferramenta para examinar as súas capacidades como emprendedor e definir, se fose preciso, unha estratexia para melloralas.

Tipos

FUNCIONAL. Recomendable cando hai períodos de inactividade, pois os disimula.

CRONOLÓXICO. Indicado para cando hai unha traxectoria profesional.

MIXTO. Comézase co funcional e despois empregase a orde cronolóxica.

EUROPASS. É o Curriculum Vitae homologado en toda a Unión Europea.

Estrutura

1. Título: "Curriculum Vitae", ou “Currículo” de (nome e apelidos da persoa), ou soamente “Curriculum Vitae".

2. Datos persoais: nome e apelidos, lugar e data de nacemento, enderezo, número de teléfono de contacto (fixo, móbil) e enderezo de correo electrónico. Pódese engadir, en caso de consideralo relevante, o estado civil. Tamén é recomendable incluír unha fotografía (na que se mostre unha imaxe acorde co posto de traballo que se quere desenvolver).

3. Formación académica: estudos realizados (datas, centro e lugar); refírese aos títulos oficiais de ensino primario, medio e superior. No caso de ter completado estudos dun determinado nivel non é preciso incluír todos os de nivel inferior (por exemplo, ao completar unha titulación universitaria, non é preciso incluír as titulacións de ensino secundario obtidas)

4. Outros títulos e seminarios: estudos complementarios realizados: datas, centro e lugar.

5. Experiencia profesional: experiencia laboral relacionada cos estudos cursados ou de interese para o proxecto emprendedor. Débense sinalar as datas, a empresa onde se traballou e as funcións e tarefas executadas.

6. Idiomas: idiomas que se coñecen e nivel. É positivo indicar aqueles títulos recoñecidos, por exemplo o da Escola Oficial de Idiomas, que acrediten os coñecementos adquiridos.

7. Informática: coñecementos informáticos posuídos.

8. Outros datos de interese: aqueles aspectos non incluídos aínda.

Como presentar o currículo:

O currículo é unha ferramenta de comunicación: é importante tanto o contido como a forma:

  • A forma: debe ser claro, limpo, ordenado.
  • O contido: débese incidir nas calidades, formación e experiencia que converten a persoa en ideal para a actividade en cuestión.
  • A orde nos apartados: o máis habitual é o currículo cronolóxico que parte da información máis antiga;. Ten a vantaxe de resaltar a evolución seguida pola persoa e pon de relevo a evolución ascendente da carreira.
  • Os datos do currículo deben responder á realidade.
  • Convén ter preparados e ordenados os diplomas e as certificacións que acreditan o escrito no curriculum para cando o pidan.
  • As aplicacións informáticas de edición de textos adoitan incluír formatos de currículos nos que xa aparece a estrutura básica dos mesmos: son útiles para manter a orde mais débese lembrar que o obxectivo do documento é diferenciarse dos demais candidatos ao mesmo posto: tomar a molestia de dedicar uns minutos a cambiar o tipo de letra, o formato, as cores... para facer máis atractivo o documento pode resultar unha boa idea.

Páxinas para crear un Curriculum Vitae. Son sitios web onde se pode deseñar o CV. Pódese elixir entre varias plantillas, introdúcense os datos e xérase un arquivo que se pode descargar.

ONLINECVGENERAOR. Sinxelo e non precisa de rexistro.

PDFCV. Permite introducir os datos manualmente ou importalos do perfil de LinkedIn.

EASY-CV precisa rexistro, pero permite crear un CV web, un CV Vídeo, un CV Facebook ou en formatos Word ou PDF.

CVMAKER. Permite crear un PDF ou xera unha ligazón para adxuntalo de forma dixital.

EUROPASS. É o CV na UE.

ELCURRICULUM. Precisa de rexistro. Permite crear un CV web. Tamén funciona como portal de emprego.

CuVitt

ResumeCompanion

DoYouBuzz

VisualCV

RAZUMÉ

RE.VU

CVGRAM

Máis de información sobre o CV:

http://www.cv-resume.org/curriculumvitae/

http://www.modelocurriculum.net/

http://www.oficinaempleo.com/content/manualcv1.html

http://www.educaweb.com/contenidos/laborales/como-buscar-empleo-espana/curriculum-vitae/

http://www.capitalemocional.com/ABE/curriculumvitae.htm

 

Novas formas de facer un CV: o video curriculum. Este é un exemplo creativo:



Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut