Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Acceso ao Mundo laboral

¿En que traballar?

O Instituto Galego das Cualificacións publica estudos sobre o mercado laboral en Galicia e xacementos de emprego.

IGC

Inscrición como demandante de emprego:

EGNo Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia pódese inscribir como demandante de emprego e obter o Documento Acreditativo como Demandante de Emprego (DARDE) que é o documento legal co que demostrar que se está en paro. Este documento é imprescindible para poder acceder ás ofertas de traballo xestionadas polos servizos públicos de emprego, aos cursos de formación e ás axudas e prestacións por desemprego.

SEPENo Servizo Público de Emprego Estatal - SEPE (antes INEM) e a súa Sede Electrónica. Os servizos públicos de emprego xestionan o DARDE pero é o SEPE o que xestiona a prestación por desemprego.

Datos CEEEstes servizos sérvense de oficinas ou centros asociados. O máis próximo ao teu concello é a oficina de emprego de Cee (981- 745-863).  

Acreditación de Competencias:

Portal de Formación Profesional no que se atopa información sobre o procedemento para a solicitude de acreditación de competencias profesionais derivadas das horas de formación a través de cursos ou do desempeño dunha profesión.

Consultar páxinas web de interese como:

Sistema Nacional de Empleo está integrado polo Servicio público de Empleo Estatal (SEPE, antes INEM) e polos servizos públicos de emprego das Comunidades Autónomas; no noso caso, o Servizo Público de Emprego de Galicia (ver Orientación Laboral). Desde este portal pódese acceder aos servizos públicos de emprego en España e na Unión Europea. 

SE

Portal de Traballo da Xunta de Galicia

PortalTraballo

Seguridade Social (http://www.seg-social.es) e Ministerio de Emprego e Seguridade Social (destaca a súa guía laboral)

Todo FP (orientacion profesional)

TodoFP

Portal de FP da Consellería de Educación - Orientación profesional

Busca de emprego:

Portal de Emprego da Xunta, Servizo Público de Emprego Estatal, Sistema Nacional de Empleo, Punto de Encontro do Ministerio de Emprego

Empresas de Traballo Temporal e Axencias privadas de colocación sen ánimo de lucro (colaboradoras cos servizos públicos de emprego): www.adecco.es, candidate.manpower.com, www.bicolan.com, es.jobrapido.com, empleo.trovit.es, ...

Portais de emprego como Infoempleo, Infojobs.net, Redtrabajar, Canaltrabajo, Infopeople, Laboris.net, Oficinaempleo, Miltrabajos, Monster, Indeed, Primerempleo, Infolancer, Empleos Sostenibles,…

Nova plataformas dixitais como upstartup.biz, jobssy.com, jobandtalent.com, wiseri.com, skillpages.com, gonway.com, tuiempleo.com, Linkedin,...

EURES, portal da UE para buscar traballo en toda Europa.

EURES

Localizadores de Empresas como www.ardan.es  e nas grandes empresas nas que se pode colgar o currículo (Eroski, Carrefour, Decathlon, El Corte Inglés, Inditex, Mercadona,…). Para buscar empresas onde deixar o curriculum tamén se pode empregar as Páginas Amarillas.

Páxinas Amarillas

Lembra

Axenda

Buscar emprego é un traballo. Precisa de constancia, organización e de planificación.

Primeiro. Reflexionar sobre no que quero e podo traballar. Hai que partir da análise das habilidades e competencias que forman os puntos fortes. Tamén hai que identificar as debilidades para transformalas en oportunidades.

Segundo. Informarse sobre como e onde buscar traballo. Ademais do visto antes, asegúrate de que todos os coñecidos saben que buscas emprego e aproveita as redes sociais. Algo fundamental é manter unha rede de contactos e tamén é importante coidar a chamada pegada dixital.

Terceiro. Estar preparado. Para presentar a túa candidatura a un posto haberá que redactar un Curriculum Vitae e unha carta de presentación. A carta de presentación acompaña ao Curriculum. Debe estar personalizada ao posto de traballo ao que se opta. Débese destacar o que máis interesa do Curriculum. O Curriculum Vitae debe ser concreto e breve. Se es elixido, poden convocarte á realización dunha serie de probas e a unha entrevista de traballo. Convén coñecer e desenvolver as competencias laborais máis buscadas polas empresas.

Cuarto. Contactar con que pode ofrecer un traballo que interese.



Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut