Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Educación emocional e comunicación positiva, ferramentas para a igualdade

Deixamos nesta entrada algunhas das actividades desenvolvidas nas materias de Comunicación oral e escrita en 1º e 2º ESO. O enfoque metodolóxico destas materias xira ao redor da comunicación emocional e as estratexias de mediación e resolución dialogada de conflitos. Poñer nome non só ás propias experiencias subxectivas, senón tamén as dinámicas nas relacións entre iguais, en pequeno e gran grupo, supón unha aprendizaxe imprescindible para cuestionar os roles de xénero. Esta afirmación é especialmente certa no caso dos nenos, xa que é na entrada na adolescencia cando a prohibición de expresar a maioría das emocións para os varóns se recrudece; xaora, o feito de que sexa un profesor - pertencente ao grupo de Igualdade- quen imparta estes contidos reforza sen dúbida enormemente a capacidade de "conectar" cos alumnos.

Deixamos aquí un exemplo da actividade "Pasapalabras emocional"  , algunhas fotos da actividade Esculturas emocionais e do Bazar emocional.

No adxunto podedes atopar unha descripción das actividades desenvolvidas ao longo do curso nestes obradoiros de 1º e 2º ESO, así coma o Xornal do Fontexería- realizado desde esta materia no último trimestre- onde se reflicte claramente a importancia concedida á comunicación emocional positiva como base para unha boa vivencia e convivencia.

Adxuntamos tamén as sesións de aula nas que se realizou a preparación do "Pasapalabras emocional" para exemplificar o xeito de enfocar o obradoiro buscando promover a autonomía do alumnado no deseño do produto final.

Profesor responsable: Manuel Verdes

26.jpg
25.jpg
14.jpg
30.jpg
34.jpg
27.jpg
8.jpg
AdxuntoTamaño
Comunicación emocional.pdf358.73 KB
Xornal do Fontexería.pdf1.08 MB
pasapalabra1.pdf865.03 KB
pasapalabras2.pdf526.34 KB
pasapalabras3.pdf611.29 KB
pasapalabra4.pdf543.42 KB
pasapalabra5.pdf535.39 KB
pasapalabras6.pdf562.69 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut