Charla de alumnas sobre o neurosexismo
Alumnas de 2º de BAC da materia de Psicoloxía elaboraron unha solicitude á Consellaría de Educación relacionada co estándar B27 da materia, ao consideraren que resultou ser un amparo para a xustificación do sexismo científico desde o currículo da materia. Adxuntamos a reclamación presentada - asinada por todo o alumnado da materia- como exemplo de espítitu crítico e gafas violetas das nosas alumnas.
Propuxéronse, ademais, ampliar os seus coñecementos sobre o sexismo na ciencia, así como alertar ao resto do alumnado sobre os argumentos do neuro-sexismo.Prepararon, para presentar ante alumnado de outros cursos, a charla que aquí presentamos, a partires dos libros: "Cuestión de sexos". de Cordelia Fine, "Inferiores", de Ángela Saini, e "Testosterona Rex", de Cordelia Fine.
O pensamento crítico espállase cando se buscan argumentos científicos para rebatir aos propios docentes!
Profesora colaboradora: Sonia F. Casal
Profesorado responsable: Pepe Cabido e Sonia Fernánez
Adxunto | Tamaño |
---|---|
reclamación estándar b27.pdf | 65.95 KB |