Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

II Xornadas de Convivencia e Igualdade en Guimaraes

Logo do balance tan positivo das I Xornadas de Convivencia e Igualdade que realizamos o curso pasado en Guimaraes, este ano animámosnos a repetir coa nova promoción de 1º de BAC. A valoración volve ser tan positiva que volvimos con ideas novas para o curso vindeiro. A necesidade de contarmos con tempo de calidade para falar co alumnado de 1º de BAC, así coma as gañas por parte do profesorado de recoñecer o traballo desenvolvido en cursos anteriores augura un longo futuro a este proxecto.

Nesta ocasión mantivemos o formato do ano pasado:

-Video fórum venres á noite, logo de asentarse na Pousada da Juventude de Guimaraes. A película escollida foi "Acosados" do ano 1988 pero cun tema de vixencia máxima na actualidade.

- Sábado de 9:30 a 14:00: Obradoiros de empoderamento feminino e de novas masculinidades co alumnado separado por sexo. 

-Sábado de 16.30 a 19:00: Realización de vídeos coa valoración do debatido venres ou sábado de mañán.

-Domingo: visitas guiadas por Guimaraes e Viana do Castelo.

r1.jpg
r2.jpg
r3.jpg
Rbeleza.jpg
RNMguimaraes2.jpg
RNM guimaraes.jpg
AdxuntoTamaño
Obradoriro novas masculinidades guimaraes 2018.odp4.95 MB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut