Obradoiros de Novas Masculinidades
Neste curso continuamos desenvolvendo obradoiros simultáneos de empoderamento feminino e novas masculinidades, separando ao alumnado por sexo. Realizamos 8 sesións de 50 minutos en 3º ESO, 5 sesións en 2º BAC e 4 horas en 1º BAC co alumnado que participou nas xornadas de Guimaraes. A acollida entre o alumnado segue a ser espectacular, así coma a aprendizaxe para o profesorado que as organiza.
Entre os proxectos que queremos desenvolver o vindeiro curso incluimos unha recopilación do material empregado para facilitar a outros docentes que se animen a poñer en práctica esta modalidade de "grupos de reflexión".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Obradoriro novas masculinidades guimaraes 2018.odp | 4.95 MB |