Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Programación creativa en Igualdade

O pasado venres día 13 de novembro levamos a cabo un Taller de Programación Creativa en Igualdade para o alumnado de primeiro de ESO.

Trátase dunha das experiencias didácticas organizadas polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade  e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, dentro do marco do programa Diana.

O obxectivo é incentivar a presenza das nenas e mozas nas carreiras tecnolóxicas, polo que se trata dunha actividade desenvolvida dentro do Programa Donas de Si do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que foi admitido o noso centro.

Traballouse co alumnado en conceptos básicos de programación e deuse a coñecer a ferramenta Scratch (linguaxe de programación desenvolvido polo MIT) coa que deseñar xogos e aplicacións propios de forma sinxela.

Para a súa realización contouse, en calidade de tecnóloga, coa participación de Mª Elena Vázquez Cendón, profesora da USC e coordinadora do Programa ESTALMAT-Galicia (Estímulo do talento matemático para escolares).



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut