NOFC

Este regulamento é o marco no que se establecen as normas básicas de convivencia no IES Espiñeira, regulando e concretando dereitos e deberes para propiciar que todas as tarefas do centro se dirixan cara á consecución do desenvovemento integral da personalidade do alumnado, formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, adquisición de actitudes e técnicas de traballo e a preparación activa na convivencia social.

As normas aquí contidas, das que o presente regulamento é o instrumento normativo, oriéntanse a facilitar a consecución dos fins explicitados no Proxecto Educativo de Centro. As normas de organización e funcionamento son un corpo normativo que se inspira na necesidade de potenciar a actividade docente do instituto no marco dunhas normas de participación no funcionamento, organización e convivencia responsable, que preserven o seu proceso de ensino de xeito harmónico.