Espazo Familias

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título:
"Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía"
A primeira charla terá lugar o martes 21 de novembro, en horario de 18.00 a 20.00h, no Centro Social de Boiro.
Este taller estará a cargo de Dna. Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, e se centrará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nas tarefas académicas.
Podedes encontrar máis información na web de EspazoFamilias
 https://espazofamilias.org/

Animádevos a participar!!!!