INFORMACIÓN INICIO CURSO 23/24

O curso 2023/2024 comeza o día 11 de setembro (luns) no seguinte horario:

Horario inicio de clases (luns 11 de setembro)

ESO

8.45

BACHARELATO

10.25

FP Básica

11.15

CICLOS

12.30

INFORMACIÓN ADICIONAL

1. O primeiro día as clases comezan no horario sinalado e rematan as 14.10 para todo o alumnado agás o alumnado de ciclo que poderá abandonar o centro ao rematar a presentación coas súas respectivas titoras.

2. Os libros serán entregados ao longo da primeira semana a todo o alumnado que sexa beneficiario do fondo de libros.

3. O primeiro día de clase haberá servicio de autobús para o alumnado de ESO que teña dereito a gratuidade de transporte (alumnado ao que lle corresponde o IES Espiñeira como centro adscrito). O resto de alumnado poderá usar este servicio a partir do día 18 sempre e cando queden prazas dispoñibles.

4. O centro dispón de dúas liñas de autobús gratuito: Ruta 1, de Mosquete a Espiñeira pasando por Escobias, Montañó Cruce de Piñeiro, Montaña, O Covo, Rozadelas, Sequelo; e RUTA 2,de Escarabote-Peralto a Espiñeira, con parada en Escarabotiño.

O alumnado que non reside nestas rutas dispón de transporte urbano que NON xestiona o centro.