Apertura Prazo de Preinscrición Ciclos Medios e Superiores Curso 2022/23

A partir do 23 de xuño ás 09:00 e ata o día 5 de xullo ás 13:00 ábrese o prazo de presentación de solicitudes para estudar os ciclos de grao medio e superior.

A presentación da solicitude realízase de xeito telemático na páxina de formación profesional da Consellería de educación. Pero se precisas axuda, podes vir ao instituto a partir do luns 27 e axudarémoslle a realizala!.

Buscas Traballo? Sabes que a inserción laboral da formación profesional en Galicia é do 85%? E que aprobando un ciclo superior podes acceder directamente á universidade?
No IES Espiñeira poderás darlle un impulso á túa vida académica e profesional cursando un dos nosos ciclos:
 
- Ciclo Medio en Instalacións de Telecomunicacións
- Ciclo Medio en Xestión Administrativa
- Ciclo Superior en Administración e Finanzas
 
Embárcate con nós nestes estudos 100% públicos e gratuítos, onde realizarás prácticas en empresas da contorna ou en Europa grazas ao Erasmus + e entrarás a formar parte da nosa bolsa de emprego.
Infórmate coa vía que máis te guste: