INICIO DE CURSO.INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Estimadas familias

Unha vez que se aproxima o inicio do curso e co obxectivo de aclarar algunhas cuestións que nos están a preguntar, achegamos a seguinte información que esperamos resulte de interés.

PROTOCOLO COVID

Atopámonos nun curso que consideramos de transición entre a pandemia e a futura normalidade, que non vai permitir o relaxamento total no que ás medidas sanitarias se refire. O protocolo a aplicar actualizado pola Consellería, é basicamente o mesmo que o do curso anterior no que se refire ao uso de máscara, hixiene de mans, ventilación,...agás que se reduce a distancia interpersoal dentro das aulas que pasa de ser de 1,50m a 1,20m. Manteremos, pois, durante este curso as mesmas medidas excepto o horario de saída que será ás 14.10h para todo o alumnado (ou 15.00h nos ciclos os luns, mércores e xoves) e os recreos, que pasamos de ter tres franxas horarias a dúas.

ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO

O curso comeza o día 15 de setembro (mércores), agás 1ºFP Básica que comezará o 17 de setembro.

CURSO

HORA/LUGAR

1º ESO

8.45 / Salón de actos

2º ESO

9.35 / Salón de actos

3º ESO

10.00 / Salón de actos

4º ESO

10.25 / Salón de actos

1º BACHARELATO

11.40 / Salón de actos

2º BACHARELATO

12.00 / Salón de actos

1º FP BÁSICA

8.45 / Salón de actos (venres 17)

2º FP BÁSICA

12.30 / Aula 108

1º CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS

1º CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

1º CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

12.15 / Salón de actos

2º CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS

2º CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2º CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

12.45 / Salón de actos

O transporte funcionará en horario normal dende o primeiro día.
 
LIBROS DE PRÉSTAMO E VALES DE AXUDA
Están a disposición dos beneficiarios os vales de axuda para a adquisición de material. O horario de recollida é de 9.00h a 14.00h.
As listaxes definitivas dos libros de texto adxudicados farase pública no taboleiro do centro o día 15 de setembro e serán entregados entre o día 16 e o 20.
 
Un saúdo.
 
A dirección