BENVIDA DO ALUMNADO DE CARA AO PRÓXIMO CURSO

No IES Espiñeira esperamos ilusionad@s ás novas alumnas e alumnos que no próximo curso se incorporarán ao noso centro.
Para recibirvos do xeito máis cariñoso e atento posible, nada mellor que @s vos@s futuro@s compañeir@s, con experiencia xa aquí, para que vos sirvan de guía, vos axuden, vos informen de todo o que precisedes e resolvan as vosas dúbidas.
Agradecemos enormemente a voluntariedade deste alumnado que se ofreceu a exercer este labor de asistencia, e compartimos neste vídeo a mensaxe de benvida que lles transmiten aos rapaces e rapazas que se incorporarán para o curso 2020-2021
LIGAZÓN AO VÍDEO: https://youtu.be/r5vSGhA-U7A