Alumnos

ACTO DE DESPEDIDA AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO

Todo chega, e como non, tamén, as despedidas, que son realmente benvidas a outras etapas da vida... 

 A todos aqueles e aquelas que conseguiron superar con éxito as súas previsións e que agora, (quedan as probas de acceso á universidade, pero seguramente as superen co mesmo éxito que superaron o bacharelato) afrontan novos desafíos académicos, naraboa e transmitir o noso desexo de que as súas traxectorias sigan sendo frutíferas no académico e tamén no persoal. A ledicia que supón que os nosos alumnos e alumnas vaian conseguindo os seus obxectivos académicos e que en moitos casos o fagan con brillantez, se une a pequena tristeza da despedida. Toda a comunidade educativa do IES Ponteceso quere o mellor para o voso futuro como así o intentou para o voso presente. A enfiar os novos retos e que esa aventura sexa próspera, completa e feliz.

Unha aperta a todos e a todas.

fotobac2

Inmersión Lingüística. Viaxar e aprender.

Alumnos e alumnas do noso Centro que foron elexidos na convocatoria deste vran para os viaxes ao estranxeiro no programa de inmersión lingüística. Noraboa aos elexidos.
 

VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

 O mércores 18 visitamos os tres museus científicos da Coruña. Os cursos de 1º de ESO e os de 3º e 4º de PDC pasamos unha xornada enteira na Coruña. Comezamos no acuario Finisterrae onde poidemos observar a fauna mariña das nosas costas e doutros lugares do mundo. 
 peixe escorpion
 Logo fomos a Domus a aprender sobre o noso corpo, a todas as escalas. Na foto unha representacion dun xene de ADN a escala macroscópica por riba das nosas cabezas. 
 xene adn
 Tamén vimos unha película en 3D sobre os dinosaurios. Algunha escena fixo dar algún chimpo a algún. 
 icine en 3d na domus
 Logo iriamos xantar ao parque de Santa Margarita, desfrutando dun día soleado e por último visitar a Casa da Ciencias e unha relaxante proxección no Planetario. Ciencia intensiva e de maneira divertida.

Unha poesía gaña o primeiro premio do concurso de cartas de amor

 premio cartas
 O primeiro premio do primeiro concurso de cartas de amor levouno Laura, de 2º de ESO por unha poesía moi sentida sobre San Valentín. Noraboa a Laura e a todos e todas as participantes que deixaron mostras de como soan os seus corazóns.
Distribuir contido