IES EDUARDO PONDAL

setembro 2011

Curso 2011-12
16 SETEMBRO, DÍA DE PRESENTACIÓNS DO CURSO 2011-2012
O 16 de Setembro, venres, comeza oficialmente o novo curso académico e neste día faremos as respectivas presentacións cos diferentes grupos. Haberá transporte escolar para chegar ao centro antes das 11:00 polo que teredes que estar nas paradas coa suficiente antelación.
Para cada grupo está programada unha presentación no salón de actos, unha presentación co titor na aula correspondente, unha presentación para o coñecemento do centro e un descanso.
A presentación no salón de actos varía segundo os diferentes grupos e queda como sigue:

  • 1º e 2º de ESO. presentación no salón de actos ás 11:00.
  • 3º e 4º de ESO, presentacion no salón de actos ás 11:30.
  • Bacharelatos (1º e 2º), presentación no salón de actos ás 12:00.
  • Ciclos, PCPI e ESA (adultos), presentación no salón de actos ás 12:30.

O resto do programa adecuarase en cada grupo ao horario da súa presentación no salón de actos.

Curso 2011-12
SETEMBRO MES DA BENVIDA AO NOVO CURSO 2011-2012
A dirección do instituto de Ponteceso queremos dar a benvida a este novo curso escolar  a todos e todas os que formades a comunidade educativa, profesorado, alumnado, pais e nais e traballadores non docentes do instituto. Moitos ánimos e apoios para que os proxectos que comezan soporten ben as embestidas do día a día e acaban sendo, eles mesmos, brillantes realidades. Ánimo para todos e todas.


Curso 2011-12
FICHAS MATRÍCULA
No menú Administración, en Matrícula, accedes aos documentos pdf de recollida de datos para matricularse para os cursos que se imparten no instituto, podes descargalos para cubrilos neste menú o accede directamente premendo no seguinte enlace: FICHAS MATRÍCULA.


Curso 2011-12
ENLACE PARA ACCEDER AOS HORARIOS DOS EXAMES DE SETEMBRO
Como xa están os exames de setembro aquí, poñémosvos o enlace para que accedas ao arquivo dos horarios dos exames
Preme no seguinte vínculo e accedes á paxina en pdf:
HORARIOS EXAMES DE SETEMBRO


Curso 2011-12
LIBROS DE 1º e 3º de ESO.
Os libros que se renovan este ano e que hai que comprar en 1º e 3º de ESO son:
1º ESO

  • Língua Galega, 1º de ESO, Editorial Santillana.
  • Inglés, Build Up, 1º de ESO, Editorial Burlington.

3º ESO

  • Música, 3º de ESO, Editorial Teide.
  • Inglés, Build Up, 3º de ESO, Editorial Burlington.

O resto dos libros de texto de cada curso á pedir podedes falalo na librería (librerías de Ponteceso e Corme) que xa teñen a información conveniente ou preguntar no instituto


Curso 2011-12
DATAS DE INTERESE.
Estas son algunhas datas que che interesan nestes primeiros días de setembro

EXAMES DE SETEMBRO 1 e 2 de setembro
ENTREGA DE NOTAS 2º DE BACHARELATO 5 de setembro, luns, ás 12:00 na Secretaría
ENTREGA DE NOTAS ESO E 1º DE BACHARELATO 6 de setembro, martes, ás 11:00 nas aulas
RECLAMACIÓNS 2º DE BACHARELATO 6 e 7 de setembro
RECLAMACIÓNS ESO E 1º DE BACHARELATO 7 e 8 de setembro
PRAZO DE MATRÍCULA ESA (ADULTOS) do 1 ao 15 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA CICLOS do 1 ao 12 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA PCPI do 5 ao 15 de Setembro
PRAZO DE MATRÍCULA ESO E BACHARELATO do 5 ao 12 de Setembro