IES EDUARDO PONDAL

Taller de grafiti filosófico

Na pasada semana cultural, o curso de 4º, na materia de filosofía, xogou cos conceptos da retórica aristotélica: Pathos, o aspecto emocional do diálogo, da comunicación, a emoción do outro; o Logos, o aspecto racional do discurso, a nosa capacidade para aplicar a lóxica e explicarnos correctamente; pero o concepto finalmente escollido foi o Ethos.

 

O Ethos é o contido ético ou moral da nosa comunicación, do diálogo cos demais, e é o que quixeron expresar cun mural realizado baixo a técnica e o estilo do grafiti. Ademais, na materia démoslle unhas voltas aos conceptos de cultura, subcultura e contracultura, e Lidia enfocou o seu traballo precisamente nas posibilidades do grafiti, o cal inspirou a actividade. Primeira proba superada, esperamos no futuro continuar con esta idea. Nove alumnos, sobradamente preparados para empuñar un bote de spray, confabulando Pathos, Logos e Ethos en menos de dúas horas de traballo.

Breogán, Ashley, Lidia, Alexandru, Aroa, Claudia, Icía, Daniela y Andrea.