IES EDUARDO PONDAL

Por fin temos acreditación Erasmus

Despois de moito traballo por parte do equipo de internacionalización do IES Eduardo Pondal e en especial da súa coordinadora, Silvia Candia, o noso centro vén de conseguir a Acreditación Erasmus en Educación Escolar (KA-120 SCH) para mobilidades do alumnado da ESO e do Bacharelato ata o 2027. 

Esta acreditación súmase á Acreditación Erasmus en Formación Profesional (KA-120 VET) que xa tiñamos, polo que todo o noso alumnado e profesorado poderá beneficiarse dos proxectos de internacionalización. Unha magnífica oportunidade para ampliar os horizontes da nosa comunidade educativa.

Erasmus+ é un programa da Unión Europea con case 40 anos de existencia que apoia a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa.