IES EDUARDO PONDAL

Reunión coas familias do alumnado de 1º ESO

O próximo luns 25/09/2023 vaise celebrar a reunión coas familias do alumnado de 1º de ESO.

O obxectivo da reunión é dar a coñecer ás familias o funcionamento do centro así como presentarnos os titores, equipo de orientación e equipo directivo.
 
Ademais, repartiranse os acordos de cesión do uso dos ordenadores de Edixgal e haberá uns pinchos na cafetería do centro ao rematar a reunión.

Prégase ás persoas interesadas en asistir que envíen un correo electrónico indicando o seu nome e o do seu fillo ou filla a: orientacion.ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal.

Tamén pode confirmarse a asistencia enviando ABALAR á persoa titora do grupo.

DATA DA REUNIÓN: LUNS 25 DE SETEMBRO DE 2023
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso).
HORARIO: 17:30 -  Duración estimada ata as 19:00 (non pasa nada se chegades algo tarde).

Vémonos!!