IES EDUARDO PONDAL

FEBREIRO 2019

Colaborando coas fundacións Eduardo Pondal e Juana de Vega


 

 Unha mañá diferente pasando un pouco de frío e unindo Ciencia e Poesía.

 

Listado de vacantes para o curso 2019-2020

 

Curso

Nº de vacantes

1º ESO

57

2º ESO

10

3º ESO

13

4º ESO

23

1º BAC.

56

2º BAC.

24

 

Enlace ó documento

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2019 

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 

Período de reclamación: do día 26 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Máis información

Instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019 / 2020

 

Resolución do 11 de febreiro de 2019, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2018/19, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/20.

Enlace

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en liguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

 Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguin-te ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

Videoconferencia con Isabel Bejar dende o CERN de Ginebra

Isabel Bejar CERN

Os alumnos del Club de Ciencias tivemos a sorte de contar esta tarde con Isabel Bejar Alonso dende o CERN de Ginebra. Tras unha breve introdución puxemos a proba a súa paciencia facéndolle preguntas sobre o CERN, o LHC e a destrución do mundo. Moitas grazas a Isabel pola súa paciencia, amabilidade e  claridade e feliz día internacional da Muller e e Nena na Ciencia.

Semana Branca - Andorra 2019


 

Algúns dos momentos vividos polos alumnos do IES Eduardo Pondal de Ponteceso durante a Semana Branca que tivo lugar do 19 ó 26 de Xaneiro na estación de GrandValira, Andorra.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Prazo de presentación de reserva de praza:

    Do 1 ao 15 de Febreiro.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

    Do 1 ao 20 de Marzo.

 

Lembrade que este luns 11 teremos reunión do Club de ciencia

Celebraremos o día da Muller e a Nena na Ciencia cunha videoconferencia con Isabel Bejar Alonso que nos falara dende o CERN en Xinebra.

Vémonos ás 15:00 no salón de actos. Sede puntuais por favor.