IES EDUARDO PONDAL

xaneiro 2013

Acceso a ciclos
PROBAS DE ACCESO A CICLOS

GRAO MEDIO:
INSCRIPCIÓN: 25 de febreiro ao 8 de marzo
EXAME: 23 de maio de 2013.
REQUISITOS:
Ter 17 anos ou cumprilos este ano


GRAO SUPERIOR:
INSCRIPCIÓN: 28 de xaneiro ao 8 de febreiro
PROBA: 25 de abril de 2013.
REQUISITOS:
Ter 19 anos ou cumprilos este ano
Ter 18 anos ou cumprilos este ano e ter o título de técnico relacionado co ciclo ao que se quere acceder

PODEDES REALIZAR A INSCRICIÓN NA SECRETARÍA DO NOSO CENTRO, OU EN CALQUERA OUTRO NO QUE SE IMPARTAN CICLOS



ESA e PCPI2
EXAMES FINAIS, AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS NA ESA E PCPI2
EXAMES FINAIS ESA E PCPI2 (1º Cuadrimestre)

XOVES 31 DE XANEIRO:
15.45h: Iniciación profesional á mecánica e Iniciación profesional á xestión administrativa

VENRES 1 DE FEBREIRO:
16.30h: Ámbito Social MÓDULO III/PCPI2
18.00h: Ámbito Social MÓDULO I

LUNS 4 DE FEBREIRO:
16.30h: Inglés MÓDULO III/ PCPI2
18.00h: Inglés MÓDULO I

MARTES 5 DE FEBREIRO:
16.30h: Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO III/ PCPI2
18.00h: Ámbito científico-tecnolóxico MÓDULO I

MÉRCORES 6 DE FEBREIRO:
16.30h: Ámbito comunicación MÓDULO I
18.00h: Ámbito comunicación MÓDULO III/ PCPI2

XOVES 7 DE FEBREIRO:
Avaliación Módulo III/ PCPI2 …………15.30h.
Avaliación Módulo I/ ………..16.15h

VENRES 8 DE FEBREIRO:
Entrega de notas........12.00h

XOVES 14 DE FEBREIRO:
Comezo do segundo cuadrimestre da ESA: Módulos II e IV.


Creación literaria
OBRADOIRO DE RELATO CURTO
obradoiro de relato curtoA tarde deste pasado xoves foi especialmente literaria no IES de Ponteceso xa que dou comezo a primera parte do obradoiro de creación literaria. Nesta ocasión tocoulle ao relato curto da man dun bo coñecedor da súa técnica, Fernando Díaz-Castroverde, quen guiou a alumnado de ESO e Bacharelato na creación de diversos e sempre divertidos relatos nos que os participantes foron superando airosamente numerosas trabas no seu arte narrador: tautogramas, disparos de palabras, personaxes inesperados…
Na próxima sesión, o vindeiro martes, seguirán a traballar nesas historias que esperemos algún día ofrezan a todo o público lector.


Ciencias
PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE CIENCIAS


As actividades do obradoiro de ciencia elabóranse co fin de levar a cabo un proceso de ensinanza-aprendizaxe de xeito participativo e interactivo co alumnado de xeito que xere coñecemento a partir da construción de modelos, a elaboración de proxectos e a participación como actores principais no desenvolvemento dos mesmos; nos que o alumno se enfrenta a problemas e busca as solucións para chegar a un máis profundo e sólido coñecemento nas áreas nas que traballa. É un proceso de coñecemento dinámico no que se poñen  a proba as ideas previas e se xeran modificacións das mesmas ata acadar un mellor coñecemento do obxecto que se constrúe e se interpreta. Trátase de elixir aqueles proxectos que xeneren unha aprendizaxe significativa en temas do curriculo de ESO relacionados co saber científico.  A forma de traballar é a través do traballo en grupo e as áreas elixidas teñen por obxecto unha aproximación e afondamento nos fundamentos da ciencia. Na busca de solucións potenciarase o uso das tecnoloxías da información e a comunicación, o traballo en rede e a práctica en linguas estranxeiras.