IES EDUARDO PONDAL

decembro 2012

feliz 2013 dende o IES Ponteceso

2013
FELIZ ANO 2013
Felicitación do ano 2013. No vídeo escenificamos un novo comezo cara unha sociedade máis humana e solidaria. Desexámosvos, dende o IES de Ponteceso, un feliz e próspero ano 2013. Esperanzados en seguir aumentando a relevancia dos servizos educativos no centro para participar no desenvolvemento desa sociedade máis xusta, sana e solidaria. Feliz ano a todos e todas.


2013
FELIZ ANO 2013
feliz 2013E enseguida o video.


Dinamización lingüística
RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, unímonos a inicitaiva que desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simboliza toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia. Este vídeo é a pequena aportación do IES de Ponteceso