IES EDUARDO PONDAL

EXCURSIÓN ROTEIRO DO DEPARTAMENTO DE CIENCIAS

Actividades
EXCURSIÓN DEPARTAMENTO DE CIENCIAS: ROTEIRO POLO LITORAL DAS RÍAS BAIXAS

O 17 de xullo, si efectivamente, o 17 de xullo, temos organizado o comezo dun roteiro para disfrutar do tempo do vran, camiñando polas praias e o litoral da zona máis calurosa de Galicia, as rias baixas. Pero non só disfrutar das praias, senon visitar lugares e espazos de gran interese, entre eles, as illas Cíes. Van ser catro días, de martes a venres, percorrendo paseniñamente os recunchos e os lugares emblemáticos desta zona de Galicia. Xa temos acumulado certa experiencia nos anos que levamos camiñando o litoral en tempo estival. Este itinerario e a sexta continuación a roteiros anteriores que se foron facendo de xeito consecutivo e que comezaron en Laxe. Neste imos rematar a costa galega polo seu lado sur, chegar ata a mesma desembocadura do río Miño, á Guarda. Espero que te animes a vir a un roteiro no que, a parte de pasalo benm poderemos aprender e levar na memoria moitas experiencias dos sitios polos que pasaremos.
A esta excursión, organizada polo departamento de Ciencias Naturais, pódense apuntar calquera dos alumnos e alumnas do centro e o profesorado.
Pregunta no departamento ou en dirección para apuntarte.
No seguinte enlace podes descargar o pdf do itinerario no que podes ver os lugares polos que pasaremos, o calendario da excursión, o prezo, onde acampamos, recomendacións para esta actividade...:
PDF DO ROTEIRO
roteiro rias baixas