IES EDUARDO PONDAL

decembro 2011

Biblioteca
NOVO NÚMERO DO BOLETÍN DA BIBLIOTECA
Xa está publicado o novo boletín da biblioteca, X & Q, deste mes de decembro.
Nel atoparedes artigos sobre todas as actividades que se fixeron na biblioteca este primeiro trimestre: actividades de formación de usuarios, o II día da ciencia en galego, organización e posta en marcha dos clubs de lectura, actividades polo día contra a violencia de xénero e a discriminación sexual, concurso de lendas da noite de samaín.
Tamén tedes artigos sobre recomendacións musicais, de cine, criticas literarias.
Na contracapa ofrecémosvos os dous textos integros gañadores do concurso de lendas do Samaín.
Esperamos que vos guste, podedes velo premendo na presentación que aparece nesta páxina pero tamén o teredes a vosa disposición esta semana no centro.


Excursión fin de curso
NUMERO PREMIADO NO SORTEO DA CESTA DE MARISCO
O número premiado da cesta de marisco que se preparou como axuda para recaudar diñeiro para a excursión de fin de curso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO, foi o 1369. Os posuidores do número 1369 poden recoller a cesta no instituto. Noraboa para os gañadores.


Escola de pais e nais
ESCOLA de PAIS e NAIS do IES de PONTECESO
Comeza a andar a escola de pais e nais no instituto. Abrimos unha páxina na propia do centro con recomendacións de espazos na rede e contidos interesantes, aos que podedes acceder en internet, sobre a educación. 
Está dispoñible un enlace directo no menú da esquerda da páxina. Tamén podes acceder a ela premendo nesta imaxe:escola de pais e nais


Escola de nais e pais
NOVA E VÍDEO SOBRE A CHARLA A NAIS E PAIS SOBRE O ESPAZO ABALAR
...A finais de Novembro impartiuse no instituto unha charla para as nais e pais do alumnado de 1º de ESO que neste curso están en aulas abalar dotadas con portátiles persoais....
No espazo Escola de pais e nais tes un vídeo resumen e a nova ampliada...


Biblioteca
Boletín X&Q da biblioteca



Avaliacións e fin de trimestre
Avaliacións e entrega de notas
As datas das avaliacións de todos os cursos son o luns 19 e o martes 20 deste mes.
O mércores 21 no horario lectivo daránse os boletíns de notas.


Escola de pais e nais
CONTIDOS DESTE MES NA ESCOLA DE PAIS E NAIS
escola pais e naisComezamos este mes amosándovos unha páxina web adicada a implicación e formación de pais e nais na educación dos seus fillos e fillas, a Universidade de pais de J.A. Marina, e un vídeo no que o escritor británico Ken Robinson fala sobre as escolas e a creatividade.
Podedes acceder a estos contidos premendo na imaxe da escola de pais. Esperamos que vos guste.