Convocados os premios da ESO ao esforzo e á superación persoal
Cada premio está dotado con 800€, 20 premios máximo en toda Galicia.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
Máis información:
- Na aplicación de solicitude: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/
- Diario Oficial de Galicia: ORDE do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311E).
- Diario Oficial de Galicia: RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.
A proba realizarase o día 9 de setembro de 2021 de acordo co seguinte horario:
– 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.
– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.
– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.