Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Bacharelato

O bacharelato comprende dous cursos académicos e ten como finalidade a formación xeral dos alumnos, así como a súa orientación e preparación tanto para estudios universitarios como de formación profesional específica, de cara á súa incorporación á vida activa.
Con carácter xeral, o alumnado poderá permanecer escolarizado no bacharelato durante catro cursos académicos. Ó esgotarse este prazo poderanse rematar estas no réxime para persoas adultas.
Ó superar o bacharelato obtense o título de bacharel, que faculta para acceder ós ciclos formativos de grao superior e ós estudos universitarios

No IES de Rodeira impartimos as seguintes modalidades de bacharelato:
· Ciencias e Tecnoloxía

· Humanidades e ciencias sociais

As materias que se cursarán en cada curso son de tres tipos:
- Materias comúns a todas as modalidades.
- Materias propias de cada modalidade.
- Unha materia optativa.