Boletín Oficial Xeral do IES de Rodeira
Enviado por admin o Mar, 31/05/2022 - 14:00
O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.
Está a vosa disposición no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/boinx.
Para todo tipo de colaboracións, avisos, aportacións ou suxerencias podedes usar boinx@iesrodeira.com.
A estrutura é sinxela: AÍ VEÑEN...! avisa do que vai pasar; ....AÍ VAN!, do que xa pasou. AÍ ESTÁN, de asuntos en marcha.