Skip to Content

blogue deadmin

Charla con antigas alumnas (I)

 As antigas e brillantes alumnas do centro Silvia García e Fátima García informaron, esta mañá, ao alumnado actual de 2.º Bacharelato, sobre o plan de estudos e saídas laborais dos graos de Química e Biblioteconomía, respectivamente. Cremos que foi un momento emotivo para elas e, asemade, útil para transmitir de primeira man a información e vivencias académicas.

Trátase dunha experiencia que terá continuidade con outros antigos alumnos dentro do plan de orientación e os actos internos do 25 aniversario. Grazas por compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 


Charla para pais e nais sobre doazón e transplante de órganos

O presidente da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (ALCER), Rafael Rodríguez, impartiu a tarde do martes unha amena conferencia sobre a doazón e transplante de órganos dirixida a pais e nais. 

VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a sexta edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co gallo do Día da Poesía, o 21 de marzo.
Estabelécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
  • ata 12 anos
  • de 13 a 17 anos
  • iguais ou maiores de 18 anos.
Os/as concursantes poderán presentar un máximo de tres poesías, que se axustarán ás seguintes normas:
  • Tema: Libre.
  • Lingua: Galego
  • Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
  • As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
  • Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
  • prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
  • por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
  • por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
  • por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Máis información no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

Visita ao MUPEGA

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) recolle na súa páxina a visita do alumnado de 1.º ESO esta semana e lémbranos un dos tesouros da colección: a máquina de cine doada pola Unión Mugardesa.

Nestoutra foto, todo 1.º ESO nunha aula do século pasado.

Programa de Mellora para o Éxito Escolar

Velaquí os dezanove alumnos/as que este curso estrearon a "sudadeira" do Programa de Mellora para o Éxito Escolar. Seguirán luns a luns un intenso e atractivo calendario de actividades no que están implicados unha ducia de profesores do centro. Entre os seus obxectivos: "Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais".

Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)

O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...

Lecturas da Pandoira

No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.

Charla orientativa sobre criminalística

O tenente e xefe do laboratorio de criminalística de Galicia Jesús Ponte impartiu esta mañá unha charla ao alumnado de bacharelato dentro do programa de orientación académica e profesional.


Demostración de esgrima

O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1.º e 2.º ESO asistiu a unha demostración práctica do deporte de esgrima impartida polo adestrador Emilio R. do club de Ferrol.

make a gif picture

Acollendo en galego

Montaxe realizada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Polo minuto 6' aparecen alumnos do noso instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut