Proxectos de innovación educativa

         

 

Matemáticas II 2ºBAC, Matemáticas Aplicadas 4ºESO e Matemáticas 2ºESO (Curso 19-20)

   Ola! Espero que todas e todos esteades ben

   Ante a suspensión de clases e, en vista de que esta situación parece que pode prolongarse, recórdovos que é importante manter un certo ritmo de traballo para non alterar demasiado a marcha do curso.

   E paso agora tamén a recordarvos o traballo proposto xa nas clases, aproveitando para dicirvos que podedes contactar comigo para calquera dúbida ou problema que xurda a través do correo  electrónico que vos din na aula.

   Matemáticas II 2ºA BAC:

       - Repaso de Xeometría do espazo. Tal e como van os acontecementos é pouco probable que poidamos  ter o segundo exame ou recuperación previsto para o 2 de abril, pero recordade que o faremos tan pronto como poidamos.

       - Revisión e estudo de Análise de 1ºBAC (teoría e problemas).

       - Resolución do boletín de problemas de selectividade entregado o último día (moitos dos exercicios correspóndense cos vistos en 1ºBAC e serviranvos de repaso desa materia)

       - Revisión dos teoremas de Análise (de continuidade, Rolle e valor medio) e dos exercicios relativos aos mesmos

   Matemáticas Aplicadas ás CCSS 4º ESO:

       - Repaso dos temas 5 e 6. Podedes facer os apartados que veñen ao final destes temas “Comprueba lo que sabes” e “Practica”

       - Estudo do tema 7. Exercicios  da páxina 129 e os do final do tema ata o 84 da páxina 136

   Matemáticas 2ºESO

       - Repaso dos temas 5 e 6.Podedes facer as autoavaliacións que veñen ao final de cada tema.

       - Tema 7.Estudo do tema e resolución de todas as ecuacións do mesmo (recordade que xa resolvemos moitas na clase e que demos as solucións de case todas as que quedaban).

       - Tema 8. Podedes ir lendo polo libro os contidos das páxinas 160, 161, 162, 163, 164 e 165. E podedes, mirando os exemplos resoltos, resolver os exercicios das tres últimas (xa teñen solucións).

       Ánimo!

       Un saúdo,

            Elisa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL