Proxectos de innovación educativa

         

 

Converter varias imaxes a PDF

Con tanto envío que facer, ás veces atopámonos con varias imaxes para mandar dunha soa vez, tanto por correo electrónico como por Edmodo ou Moodle. O ideal é xuntar esas imaxes nun pdf, porque así aforramos andar con tantos arquivos e no pdf pódense facer comentarios e correccións. Nesta infografía de Alexandra Cabana Outeiro e Anxos Romeo Barreiro ensínannos a xuntar imaxes nun só pdf de maneira rápida e doada.

Pódese descargar nos adxuntos tanto en formato imaxe como en pdf (que permite abrir as ligazóns).

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Do 20 de maio ao 19 de xuño, ábrese o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar.

Tal e como ditan as instucións, a presentación de solicitudes será preferiblemente telemática e de non ser posible farase  en horario de 9:00 a 13:30 h.

 

ORGANIZAMOS A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS, PREFERIBLEMENTE NOS SEGUINTES DÍAS:

Os que pasen a cursar 1º ESO: 21, 22, 25 e 26 de maio

Os que pasen a cursar 2º ESO: 27, 28, 29 de maio e 1 de xuño

Os que pasen a cursar 3º ESO: 2, 3, 4 e 5 de xuño

Os que pasen a cursar 4º ESO: 8, 9, 10 e 11 de xuño

 

 

Enlace para a solicitude telemática:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

 

REAPERTURA ADMISIÓN DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

          Reábrese o prazo para admisión de alumnado do 11 ao 18 de maio en horario de 10:00 a 13:00 h con CITA PREVIA no número de teléfono 982 870 144

 

          Este proceso só é para alumnado de nova incorporación que non pertenza a un centro adscrito.

 

Poden facelo presencialmente no centro ou ben  de forma telemática:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

RECOMENDACIÓNS:

- Uso de mascarillas

- Na medida do posible, levar a documentación xa cuberta (Se non poden facer a admisión telemática poden descargar a documentación necesaria para levar ao centro no mesmo enlace indicado anteriormente)

Á TODO O ALUMNADO DO IES DA TERRA CHA

 

Recursos TIC ALFIN/AMI_Instrucións para entregar as túas tarefas en fotografía

A miúdo facemos tarefas á man, e temos que pasalas a imaxe dixital para entregalas. Esta infografía feita por Alexandra Cabana e Anxos Romeo achega claves para facer ben as fotografías e que as nosas tarefas queden ben presentadas. Poden descargala completa nos ficheiros, ben en jpg, ben en pdf.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE CARA Á 3ª AVALIACIÓN

Neste intre non temos indicacións da nosa Consellería para poder informarvos debidamente de como será o transcorrer desta atípica 3ª avaliación. Estamos á espera da reunión entre Conselleiros e Ministro para poder comunicarvos a liña de traballo que se levará a cabo.

Saúde e moito ánimo!!!

ALUMNADO, FAMILIAS E DEMAIS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxinamos que para o alumnado e as familias, ao igual que para o conxunto do profesorado, estas últimas semanas foron moi complicadas.

Ademais das nosas responsabilidades habituais no eido laboral, familiar, etc, tivemos que acostumarnos sen período de adaptación previo a unha situación inédita que non trae libro de instrucións, e con moitas máis dúbidas que certezas.

 Familias e alumnado

 Agradecemos moito a alumnado e familias a súa contribución e esforzo para continuar entre todas/os co proceso formativo.

 Profesorado

 Por suposto, dende o equipo directivo agradecemos a todo o profesorado a súa dispoñibilidade e entrega na procura de solucións para manter o contacto co seu alumnado.

 Novas ferramentas

 Estamos traballando para poñer a disposición da comunidade educativa novas ferramentas que nos permitan desenvolver o traballo de forma máis eficaz e coordinada, e que axilicen a comunicación entre familias – alumnado co profesorado.

 Persoal non docente

 Agradecemos tamén ao conxunto de persoal non docente a súa disposición a colaborar.

 Vacacións

 Desexamos que estes días de descanso nos sirvan a todas/os para desconectar, descansar e tamén divertirnos na medida en que as actuais circunstancias nolo permitan.

 Afondamos na petición de seguir estritamente as instrucións das autoridades, xa que superar isto só é posible coa contribución de todas e de todos.

 

 Saúde !!!

 

Moitas grazas e moito ánimo!!!.

 

 

ORGANIZÁNDONOS DE CARA AO 3º TRIMESTRE

Familias, alumnos e alumnas,

gustaríanos organizarnos de cara ao 3º Trimestre coñecendo os recursos cos que contades para traballar dende a casa e así preparar o material axeitado a cada necesidade. 

Para elo pedímosvos que na maior brevidade posible fagades chegar os datos que se amosan na táboa aos vosos titores e titoras.

 

Facede constar:

Nome e apelidos do alumno/a e curso 

Se dispón de:

- ordenador (Propio ou compartido)

- Wifi na casa

- Teléfono con conexión a internet

- Outros dispositivos electrónicos como táblets,...

- Enderezo electrónico de pai/nai/titor/titora

- Enderezo electrónico do alumno ou alumna

2ª AVALIACIÓN

Boas familias!

O venres 3 de abril estarán as notas da 2ª avaliación.

Podedes velas a través da aplicación "abalarMóbil" que precisades descargar. Se alguén ten algunha dúbida pode poñerse en contacto co centro telefónicamente ou no enderezo electrónico en horario de 10:00 a 13:00 h.

Moito ánimo a todos!!!

 

ABALARMOBIL

 

Contacto:

Teléfono: 982 870 144

Enderezo electrónico: ies.terra.cha@edu.xunta.es

Como acceder aos contidos e ás tarefas?

Alumnas e alumnos!

para acceder aos contidos, tarefas ou instrucións das diferentes materias hai dúas opcións:

  • Seleccionar o DEPARTAMENTO correspondente á MATERIA e buscar o contido/tarefa que sexa do voso curso. 
  •  Seleccionar CURSO no bloque ALUMNADO e, dentro deste, o voso (por exemplo 1º ESO). Aí tedes todo o que o profesorado foi colgando (instrucións, materiais, tarefas, etc.). Tede en conta que aparecerán, en primeiro lugar, as publicacións máis recentes.

NOTA

No caso de que non atopedes as materias en CURSOS, podedes ir ao DEPARTAMENTO correspondente e buscar alí a información.

 

Ademais...

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN elaborou unha GUÍA para acceder aos contidos e axudarvos na organización dos mesmos.

Pinchade no arquivo adxunto

Saúdos!!

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL