Proxectos de innovación educativa

         

 

CAFETERÍA

A Dirección do IES da Terra Chá quere comunicar ás familias que durante o curso 2020-21 non haberá servizo de cafetería, xa que non se recibiron ofertas para a súa xestión. Lamentamos as molestias, pero consideramos que debían estar informados.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 20/21

No enlace podes ver os libros de texto para o vindeiro curso.

#SEGURIDADEIGUALDADEPRIORIADADE

Así, plantados, de fronte, ergueitos fronte ó cúmulo de despropósitos que levamos vividos por parte da Administración educativa nos catro últimos meses deste curso pandémico...
Porque o profesorado demostrou, digan o que digan, que, pese a tódalas adversidades, segue adiante contra todo polos que máis merecen a pena: o seu alumnado.
 

Asesoramento de pedimentos á Biblioteca

Non sabes que levar para o verán? Mándanos un mail a bbtk.iesterracha@gmail.com ou unha mensaxe por Instagram a @bbtk.iesterracha e dinos o título dalgunhas películas e libros que che gustaran e os teus gustos e farémosche unha escolla que che vai gustar! 

Préstamos da Biblioteca

Chegou o verán e hai que facer provisión de libros e películas para este novo tempo. Ampliamos o número de préstamos a 6 libros e/ou películas que queiras levar, non os tes que devolver ata setembro. Consulta o catálogo da biblioteca en OPAC Meiga (busca en Google ou preme nesta ligazón). Queres un libro en concreto? Busca por títulos. Gustouche o de algunha autora e queres ler outro dela? Busca por autoras/es. Tes preferencia por algunha temática en especial? Busca por materias, como misterio, amor, flora, aves...
Fai unha listaxe de ata 8 títulos, asignarémosche ata 6 segundo a orde na que os pidas, e por orde de chegada dos pedimentos. Manda a listaxe por mensaxe ó Instagram @bbtk.iesterracha ou por correo electrónico a bbtk.iesterracha@gmail.com, achegando o teu nome completo e número de lector/a se o lembras.
Os encargos recolleranse na biblioteca o martes 30 de xuño no horario que tedes na imaxe.

Enlace ó catálogo:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LED022

Devolucións da Biblioteca

Chega o tempo de recoller os libros e as películas que poidades ter da biblioteca. Gárdaos nunha bolsa pechada na que inclúas o teu nome completo e número de lector/a da biblioteca se o lembras. Esa bolsa entrégalla á persoa titora o día que entregues os libros de texto, ou en conserxería calquera día antes do martes 30 de xuño

OFERTA EDUCATIVA - CICLOS FORMATIVOS

Oferta de Ciclos Formativos no IES da Terra Cha.

 

ENTREGA DE LIBROS

Co fin de evitar aglomeracións e realizar unha entrega de libros segura, creamos un calendario de entrega dividigo en grupos e rango de apelidos.

Pinchade no enlace para comprobar o voso día de entrega.

 

MATRÍCULA ABAU

Para axilizar a matrícula da ABAU sen aglomeracións no Centro, imos organizar a matrícula por curso e apelidos:

 

1o de xuño: 2ª BAC A

9:00 a 11:00 h - De Chao a Iglesias

11:00 a 13:00 h - De Lozano a Veiga

 

11 de xuño: 2ª BAC B

9:00 a 11:00 h  - De Alvariño a Díaz

11:00 a 13:00 h - De Folgueira a Pollán

 

12 de xuño: 2ª BAC B

9:00 a 11:00 h - De Ramos a Zapata

 

Na medida do posible traede os impresos cubertos. Se precisades axuda estará a orientadora no Centro.

 

Enlaces para descargar os impresos:

https://ciug.gal/PDF/impreso_taxas_abau.pdf

https://ciug.gal/PDF/impreso_matricula_abau_bach.pdf

 

No centro recolleredes o impreso para pagar as taxas do título. Este impreso podedes recollelo antes.

PRAZOS DE RECLAMACIÓN 2º BACHARELATO

PUBLICACIÓN DE NOTAS

8 de xuño

 

RECLAMACIÓNS NO CENTRO

10 e 11 de xuño ata ás 14:00 h

 

RECLAMACIÓNS ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN

Durante as 24 horas posteriores á resolución dos departamentos.

 

CIRCULAR DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL