Proxectos de innovación educativa

         

 

Entre iguais: xornada de reflexión sobre o respeto á diversidade

O pasado 23 de marzo o IES acolleu unha xornada de reflexión sobre a diversidade sexual, organizada a petición do alumnado, na que participaron o músico Davide Salvado, o bailarín e traballador social Daniel Pardo e a psicóloga Ángeles Amor. En paralelo, proxectáronse os films Fucking Amal e a Chica Danesa, así como houbo unha charla sobre violencia de xénero enmarcada no proxecto 365 pola igualdade do Plan Proxecta. 

Premio Proxecto de Inclusión da profesora do IES da Terra Chá, Sharay Astariz

Parabéns á profesora Sharay Astariz Núñez polo premio outorgado pola Fundación Jose María Jove e Indaga, ó seu traballo de educación inclusiva titulado: "Aula de matemáticas: unha ventá para o mundo". 

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/profesora-ies-terra-cha-gana-premio-proyecto-inclusion/201803101351561300067.html

 

8 de Marzo Día Internacional da muller

O equipo da Biblioteca en colaboración co alumnado de 3 ESO presenta unha escolma de libros sobre mullleres na conmemoración do Día Internacional da Muller. Ó mesmo tempo faise unha pequena homenaxe de lembranza ó recentemente finado Forges, quen reinvindicou a importancia da muller na sociedade e a necesidade de avanzar na consecución dunha igualdade real.

 

Exposición de Arvenses: Medrando no lugar errado...

Ata finais do mes de abril estará exposto no hall do IES a exposición do Proxecto Fitofaladoiro: Arvenses, medrando no lugar errado. Nela amósanse láminas de plantas herbáceas que podemos atopar frecuentemente na nosa contorna e que adoitan chamarse "malas herbas" aínda que podan ter propiedades interesantes por exemplo, desde o punto de vista ecolóxico, mediciñal e incluso culinario. Convidamos á comunidade educativa a visitar a exposición e a axudarnos a documentar os nomes en galego destas plantas, así como as súas posibles utilidades.

O día da paz no IES da Terra Chá

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o día escolar da Paz e non violencia cun acto de lectura con reflexións sobre a paz. O alumnado escribiu os seus desexos en cintas, simulando oracións tibetanas, para adornar un cedro do noso xardín. O pé desta árbore dos ventos o alumnado debuxou o símbolo da paz con pedras, para lembrar que cada un de nós pode aportar o seu gran de area na búsqueda da paz e non violencia.

 

Exposición sobre Biodiversidade de Galicia

A exposición sobre Biodiversidade de Galicia do CEIDA permanecerá no hall do IES da Terra Chá ata mediados de febreiro. Consta de 19 paneis que resumen os valores de biodiversidade presentes no noso territorio así como dos factores que ameazan a a súa conservación. Agradecementos ó Departamento de Agraria pola organización e montaxe da actividade.

Máis información sobre a exposición en: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/galicia-biodiversidade 

O proxecto Aleluia

Organizado polo Departamento de Música e coa participación activa da maior parte do alumnado do centro realizouse a fermosa performance do Proxecto Aleluia.

Velaquí tedes o link ó vídeo: 

Grazas a tod@s pola vosa colaboración e participación.

Acontece no IES: A comunidade educativa contra a destrucción do patrimonio natural, material e humano causado pola vaga de lumes

O mércores día 18 de outubro, ante o malestar xerado pola catástrofe derivada da vaga de lumes en Galicia, a comunidade educativa amosou públicamente o seu rexeitamento así como a solidariedade coas poboacións afectadas. No acto adicouse un minuto de silencio as víctimas, léronse textos e poemas e plantouse de forma testemuñal unha árbore no xardín.

Exposición: Árbores quen é quen? Descúbreas!

Coa chegada do outono o IES da Terra Chá acolle a exposición-concurso: Árbores quen é quen? Descúbreas. Trátase dunha proposta do Equipo de biblioteca para achegarse ó coñecemento das árbores da nosa contorna. 

Proxecto Fitofaladoiro

Ao longo deste curso escolar os alumn@s do IES da Terra Cha dedican parte da súa labor académica á elaboración dun interesante proxecto para o fomento e divulgación do coñecemento da biodiversidade vexetal de Galicia e os seus nomes: O Fitofaladoiro.

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL