Skip to main content

Empresa e Iniciativa Emprendedora

Empresa e Iniciativa Emprendedora

Empresa e Iniciativa Emprendedora

Módulo profesional: Empresa e Iniciativa Emprendedora

 

O presente módulo impártese no segundo curso do ciclo de formación profesional de grado medio de Electromecánica de vehículos do automóbil.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

 

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

 

Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de transporte e mantemento de vehículos, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

 

Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de transporte e mantemento de vehículos.

 

Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

 

A realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de electromecánica de vehículos automóbiles composto por un plan de empresa e un plan financiero e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos, e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional  o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.