Skip to main content

Presentación

BENVIDA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

logoEF

PRESENTACIÓN DA MATERIA

No bacharelato o alumnado utilizará o seu potencial motor á vez que desenvolve todas as súas capacidades. Isto implica mobilizar toda unha serie de coñecementos, habilidades motrices, actitudes e valores en relación co corpo, en diversas situacións de ensino e aprendizaxe, nas que a experiencia individual e colectiva permita adaptar a conduta motriz a diferentes ámbitos, conseguindo que o alumnado sexa un suxeito activo, responsable da xestión do seu estilo de vida saudable.


A Educación Física terá como fin estratéxico introducir o alumnado cara a práctica de actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, nas que poida manter un papel de practicante activo ao longo da súa vida, tendo en conta as novas formas de prácticas motrices que xorden na sociedade actual, moitas delas vinculadas ao contorno próximo do alumnado pola motivación intrínseca que representan.
Cómpre salientar os xogos e os deportes tradicionais galegos, que supoñen un elemento importante de transmisión do noso patrimonio artístico e cultural, ademais de fomentar as relacións interxeracionais.


Os contidos preséntanse distribuídos en catro grandes bloques:
–Bloque 1. Contidos comúns.
–Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas.
–Bloque 3. Actividade física e saúde.
–Bloque 4. Os xogos e as actividades deportivas.


1º BACHARELATO



Neste curso na materia de Educación Física tratarase de abordar os seguintes contidos:

 

UD1: “Comezamos”

- Presentación.Normas do Aula de EF e da materia. Información sobre Avalición e criterios de calificación. Expectativas para o novo curso e análise do estilo vida da sociedade moderna.

- Retos cooperativos e dinámicas de grupo.

UD2: “Liña de saída”

- Avaliación do punto de partida e medicións antropométricas.

- Probas de valoración de recuperación cardíaca e recoleción de datos médicos.

- Propostas de metas e obxectivos a acadar.

UD3: “Plan de mellora da nosaCF”

- Probas físicas para a valoración da Condición Física Inicial.

- Programa inicial de actividade física.

- Capacidades físicas básicas e métodos de adestramento:

- Párametros e características da carga. Os sistemas de adestramento:

- Forza e sistemas de traballo. Tonicidade e actitude postural.

- Análise de biomecánicos de exercicios.

- Resistencia e sistemas de traballo para a resistencia aeróbica.

UD4: “Xogos e Deportes Alternativos”

- Práctica e deseño de actividades de aprendizaxe.

-Dodgeball.

-Flooball/Unihockey.

-Ultimate.

-Colpbol.

UD5: “Ante todo...Seguridade”

- Principios de seguridade na práctica de AF. Exercicios desaconsellados na práctica.

- O Soporte vital básico: SVB adultos-nenos e afogados, SVB latantes e a Ovace en nenos e adultos.

UD6: “Os Xogos dos nosos antergos”

- Xogos tradicionais: a porca, o turra xoga, loita galega, birlos,…

- Presentación dos xogos dos nosos antergos .

UD7: “Pensando no fututro”

- Posta en práctica do Programa de actividade física. O contrato de continuidade do programa.

- Presentación das Saídas profesionais: Estudos superiores relacionadas coa EF.

- Probas físisicas e condicións de aceso das distintas saídas profesionais/ocupacionais..

UD8: “Luces, cámara....”

- Composicións artístico-expresivas grupais e individuais:

- A seguridade e uso correcto dos materiais e instalacións.

- Posta en escea da Composición artística expresiva grupal: Acrosport.

- Principios de seguridade nas montaxes das figuras.

UD9: “Os Deportes colectivos I: O Voleibol/ Futbol sala”

- Situacións de xogo modificadas e iniciación os sistemas de xogo defensivos e ofensivos.

- Interpretación e elaboración de tarefas para o aprendizaxe dos principios técnicos e estratéxicos.

- Propostas lúdicas e competitivas.

UD10: “Somos o que comemos”

- Dieta saudable e actividade física.

- Gasto calórico e Balance enerxético.

- A dieta para actividades físicas e deportivas.

UD 11: “Os deportes colectivos II: Beisbol / Balonmán”

- Situacións de xogo modificadas e iniciación os sistemas de xogo defensivos e ofensivos.

- Interpretación e elaboración de tarefas para o aprendizaxe dos principios técnicos e estratéxicos.

- Propostas lúdicas e competitivas.

UD 12: “Deportes de raqueta: Bádminton / Tenis”

- As posicións básicas ataque/defensa

- Os agarres

- Os desprazamentos

- Tipos de golpeo:

. Revés e dereito

- Enfoques competitivo e lúdico-recreativo destes Deportes.

UD 13: “Actividades no medio natural”

- A orientación como Deporte.

- Terminoloxía e simboloxía de representación de elementos nos mapas de orientación.

- Orientación con compás e plano.

- O Actividades físicas e deportivas de aventura no medio natural.

  •  Información de interese:

 

LEXISLACIÓN>>

 

 

Estatal

 

Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE)

pdf

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

Real Decreto 310/2016, de 29 de julio, por el que se regulan las evaluaciones finales de Educación Secundaria Obligatoria y de Bachillerato.

 

 

 

Autonómica

 

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Currículo Bacharelato EF LOMCE

 

 

BLOGUE DE EF>>

ACCESOBLOGUE