Skip to main content

Presentación

Presentación de Grego

Presentación Grego

GREGO

A materia de Grego na etapa do Bacharelato ten como finalidade introducir ao alumnado no coñecemento básico dos diferentes aspectos lingüísticos e culturais de lingua e a civilización gregas co obxecto de permitirlle acceder directamente á riqueza da tradición literaria e clásica, das que beberon en maior ou menor medida as culturas occidentais e que conformaron o pensamento e a base da civilización actual. O estudo da lingua grega serviranos para aumentar o caudal léxico e a bagaxe cultural do alumnado e axudalo a comprender mellor os mecanismos da lingua propia e a recoñecer os referentes culturais que conforman a súa tradición.