Skip to main content

Historia

Departamento de Xeografía e Historia

 

 

     

Xeografía e Historia

Benvidos/as ao Departamento de Xeografía e Historia

 

 Este departamento imparte as seguintes materias:

    1º Bacharelato

    Historia do mundo contemporáneo.

    2º Bacharelato

    Xeografía.

    Historia de España.

    Historia da Arte

 

 Presentación das materias:

  A Historia do mundo contemporáneo é unha asignatura especifica do bacharelato de ciencias sociais. A materia permite comprender o presente a partir dun pasado relativamente recente. Ademáis o coñecemento do mundo actual debe servir para adquirir sensibilidade ante os problemas actuais e axudar a desenvolver unha actitude solidaria na defensa da liberdade, os dereitos humanos, os valores democráticos e a construción da paz.

  A Xeografía é unha asignatura a escoller en 2º de Bacharelato, ocúpase especificamente do espazo, as paisaxes e as actividades que se desenvolven sobre o territorio, e analiza a relación entre a natureza e a sociedade, así como as súas consecuencias. Grazas a este coñecemento adquirido, a xeografía pode transmitir a idea de responsabilidade dentro da sociedade, posto que o ser humano é o principal axente de transformación do medio natural: desta maneira, a materia de Xeografía participa moi profundamente na formación en valores no eido dos principios do desenvolvemento sustentable e o medio, como recurso escaso e non renovable.

  A Historia de España é unha asignatura considerada común en 2º de bacharelato. A materia atende ao estudo da historia de España, espazo político construído ao longo do tempo, e ocúpase tanto do que é común como dos factores de diversidade e da especificidade galega. Por outra parte, contén moitos elementos de relación cun marco espacial máis amplo, europeo e mundial, no que se atopan boa parte das súas claves explicativas, co que contribúe así a situarse conscientemente no mundo e aumenta a capacidade de comprensión e tolerancia cara a outras culturas.

  A Historia da Arte ten por obxecto de estudo a obra de arte como produto resultante da intelixencia, da creatividade e da actuación humanas, que se manifestaron de xeito diferente nas diversas sociedades e culturas ao longo do tempo. O estudo da historia da arte débelle achegar ao alumnado os coñecementos necesarios para a análise, a interpretación e a valoración da arte a través da linguaxe das formas e do pensamento visual. Tamen debe servir para densenvolver actitudes de respeto e defensa do patrimonio artistico.

 

 

                                                                         Algúns enlaces de interese

 

                                                        http://www.ign.es/ign/main/index.do

                                                        http://www.ign.es/espmap/

                                                        http://www.cinehistoria.com/

                                                        https://www.almendron.com/index.php

                                                        http://educalab.es/intef

                                                        http://chttp://educalab.es/inteflio.rediris.es/

                                                        http://www.cervantesvirtual.com/bib/portal/pac/