Skip to main content

Portugués II

Portugués II
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Específica 3
Descrición da materia:

 

IES A Cañiza oferta a posibilidade ao seu alumnado de estudar portugués a través das materia Segunda lingua estranxeira: Portugués II .

Conscientes de que como falantes de galego e castelán temos unha enorme vantaxe para aprender portugués, desde estas materias proporciónaselle ao alumnado as ferramentas necesarias para desenvolverense con naturalidade nunha lingua de grande proxección internacional, con cerca de 217 millóns de falantes en Portugal, Brasil, Angola, Guiné Bissau, Mozambique, Cabo Verde, Timor Leste e Saõ Tomé e Príncipe, así como territorios como Macau (China), e nas excolonias portuguesas radicadas na India (Goa, Damán e Diu, Dadra e Nagar Haveli).

 Ademais o estudo da lingua portuguesa no noso centro serve para tender unha ponte entre dous pobos que contan cun pasado común e con moitas conexións en canto a tradicións, á organización das formas de vida, ás manifestación culturais etc.

 

 

Enlaces de interese: