Skip to main content

Lingua Castelá e Literatura I Bach *

Lingua Castelá e Literatura I
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal Xeral 3
Descrición da materia:

OBXECTIVOS

A materia ten como obxectivo principal o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado. Este plantexamento abranguerá as seguintes vertentes:

1. Mellorar o coñecemento da lingua española mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos.

2. Coñecer e analizar os principais rasgos formais e temáticos das obras e tendencias máis representativas de cada un dos períodos da historia da literatura.


CONTIDOS

Os contidos parten sempre dos coñecementos previos do alumnado acadados na etapa anterior e estrutúranse en catro bloques:

• Comunicación oral e escrita: persegue que o alumnado vaia adquirindo as habilidades necesarias para comunicar con precisión as súas propias ideas e sexa capaz de entender textos de distinto grao de complexidade.

• Coñecemento da lingua: reflexiona sobre os mecanismos lingüísticos que regulan a comunicación e o uso correcto da lingua. Afonda no coñecemento das clases de palabras, da sintaxe do castelán e dos tipos de textos e as súas propiedades.

• Educación literaria: examina a produción literaria en castelán desde a Idade Media ata o século XVIII nos seus marcos socio-culturais. Haberá unha lectura íntegra obrigatoria por trimestre (o alumnado poderá elixir entre unha selección de obras da narrativa contemporánea).

As explicacións da profesora acollerán todos estes aspectos dende unha aproximación teórico-práctica.

Enlaces de interese:

 

- Currículo de Lingua Castelá e Literatura recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño.

ABAU - Proba de Lingua Castelá e Literatura.

Para máis información esta é unha selección de recursos web moi útiles para a materia:

• O portal da RAE ofrece en formato dixital as seguintes publicacións: Diccionario de la Lengua Española, Ortografía, Gramática; ademais de consultas lingüísticas, recursos, ... 

• A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é un fondo bibliográfico de referencia que ofrece acceso a libros electrónicos en español en dominio público, polo que poden ser reutilizados sen restricións. 

• Portal onde se propoñen actividades centradas na Comprensión lectora.

• Fomento da lectura en Leer.

• [Blog] Fomento da lectura no Centro Nacional de Innovación e Investigación educativa.