Skip to main content

Bioloxía e Xeoloxía Bach *

Bioloxía e Xeoloxía
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal de Opción
4
Descrición da materia:

Estuda a organización dos seres vivos, a súa biodiversidade, a súa distribución e os factores que nela inflúen, así como o comportamento da Terra como un planeta en continua actividades.

A Bioloxía preséntase co estudo dos niveis de organización dos seres vivos (composición química, organización celular e estudo dos tecidos vexetais e animais). Tamén se completa o estudo da clasificación e a organización dos seres vivos, e moi en especial desde o punto de vista do seu funcionamento e da adaptación ao medio en que habitan.

Imagen

A Xeoloxía preséntase co estudo da composición , estrutura e a dinámica do interior terrestre, para continuar coa teoría da tectónica de placas e movementos asociados, para finalizar co estudo da xeoloxía externa.

Esta materia é necesaria para estudar Bioloxía e Xeoloxía de 2º Bacharelato.

Enlaces de interese: