Skip to main content

Historia da Filosofia Bach *

Historia da Filosofía
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal de Opción
4
Descrición da materia:

A materia de Historia da Filosofía consiste nun percorrido xeral sobre os principais momentos ou etapas que conforman a historia do pensamento occidental. Nese sentido, e co obxectivo de enmarcar contextualmente os problemas formulados na materia de Filosofía de 1º, se estudan con certa profundidade a obra de algúns dos teóricos máis influintes da traxectoria filosófica na que se fundamenta a nosa civilización. Dende a Grecia clásica á actualidade, pasando pola Idade Media e a Moderna, nos imos dando conta da conformación e evolución das ideas que definen e determinan o mundo no que vivimos. Por iso, a materia é fulcral para elevar a un nivel superior a comprensión das características que explican o mundo na súa configuración actual. Imagen

Este percorrido histórico teórico debe ir acompañado ademais dun fundo esforzo reflexivo que o alumno debe realizar dun modo analítico a través da lectura e interpretación dos textos, que debe completarse coa capacidade para producilos con rigor e consistencia teóricas. Nesa medida, a materia axuda a que o alumnado que a cursa complete con éxito a súa evolución competencial a nivel intelectual: comprensivo-hermenéutico e discursivo.

Enlaces de interese:

- [YouTube] Unboxing philosophy.