Skip to main content

Filosofía Bach *

Filosofía
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal Xeral
3
Descrición da materia:

A materia de Filosofía de 1ª consiste nunha introdución xeral aos principais ámbitos temáticos que son obxecto de atención por parte da filosofía ao longo da súa historia. Cunha especial atención ao carácter práctico da disciplina, xa que o pensamento crítico se ben non serve para facer cousas ou produtos tanxibles, si permite interpretar o mundo no que vivimos e adquirir as destrezas críticas que posibilitan avalialo con autonomía e rigor, ao longo do curso, ademais de presentar as técnicas racionais e discursivas propias da filosofía, se indaga sobre cuestións relativas á comprensión do “animal humano”, en varias das súas vertentes: antropolóxica, epistemolóxica, ontolóxica e ético-política.

Un dos obxectivos básicos da materia consiste en aportar ao alumno as competencias técnicas que lle permitan optimizar a súa capacidade de comprensión e expresión, de modo que se traballará sobre textos e sobre referencias audiovisuais de interese, coa fin, non só de interpretalos no seu sentido profundo, senón para fomentar que o alumnado sexa capaz de construír un discurso propio correctamente fundamentado e estruturado, atendendo esencialmente á coherencia e rigor dos mesmos.Imagen

En suma, a materia, ademais de encarar temas propiamente filosóficos, dende un punto de vista teórico, pretende contribuír a que o alumno “produza” pensamento, tanto dende a súa vertente oral como escrita, nese sentido nos parece esencial para o seu desenvolvemento intelectual e ético.

Enlaces de interese:

- [YouTube] Unboxing philosophy.