Skip to main content

Tecnoloxía e enxeñería II Bach*

Tecnoloxía e Enxeñería II
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Específica 4
Descrición da materia:

 

Esta materia ten moita relevancia xa non so debido ao compendio seus contidos en sí se non coma materia cun carácter integrador de disciplinas que o compoñen.

O principal destes compoñentes, que constitúe o eixo vertebrador do resto de contidos da materia, é o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. Trátase do desenvolvemento de habilidades e da aplicación de métodos que permiten avanzar desde a identificación e formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo iso a través dun proceso planificado que busque a optimización dos recursos e das solucións. A posta en práctica deste proceso tecnolóxico esixe, pola súa vez, un compoñente científico e técnico. Tanto para coñecer e utilizar mellor os obxectos tecnolóxicos como para intervir neles é necesario poñer en xogo un conxunto de coñecementos sobre os fenómenos nos que se basean as máquinas e os elementos que as constitúen, e tamén sobre os procesos de análise, deseño, manipulación e construción de obxectos técnicos, que contribúen á adquisición de novos coñecementos e á consolidación doutros.

O fomento do desenrolo dese proceso interno de resolución de problemas tecnolóxicos no alumnado, será o obxectivo principal do curso.

A parte da consolidación dos contidos do curso anterior, os temas a tratar nesta materia serán os seguintes: materiais, máquinas térmicas, máquinas eléctricas, deseño mecánico, magnitudes das máquinas, sistemas automáticos, sistemas de control, simulación de circuitos eléctricos e automáticos, álxebra booleana, circuitos lóxicos, deseño de circuitos lóxicos, simulación de circuitos lóxicos.

Enlaces de interese:

- [Web] FreeCad

- [Web] Crocodile Clips

- [Web] Kahoot

- [Web] areatecnologia.com (Programas gratis de Tecnología)