Skip to main content

Tecnoloxía e enxeñería I Bach*

Tecnoloxía e Enxeñería I
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Específica 4
Descrición da materia:

Ao longo do último século, a tecnoloxía, entendida como o conxunto de actividades e coñecementos científicos e técnicos empregados polo ser humano para a construción ou elaboración de obxectos, sistemas ou ambientes, co obxectivo de resolver problemas e satisfacer necesidades, individuais ou colectivas, foi adquirindo unha importancia progresiva na vida das persoas e no funcionamento da sociedade.

De ahí a necesidade dunha atención específica á adquisición deste tipo de coñecementos, necesarios para tomar decisións sobre o uso de obxectos e procesos tecnolóxicos, para resolver problemas relacionados con eles e para, en definitiva, aumentar a capacidade de actuar sobre o contorno e mellorar a calidade de vida.

Non sería posible abordar a tecnoloxía nin desenvolverse na sociedade actual sen as tecnoloxías da información e da comunicación, co obxectivo de acadar un uso competente con elas.

A materia trata, en resumo, de fomentar as aprendizaxes e desenvolver as capacidades que permitan a comprensión dos obxectos técnicos, a súa utilización e a súa manipulación, así como o dominio dos procesos tecnolóxicos mediante os que tales obxectos se deseñan e constrúen empregando as tecnoloxías da información e da comunicación. Os temas a tratar nesta materia serán os seguintes: o producto tecnolóxico, deseño de productos, planificación e desenvolvemento de proxectos, máquinas e sistemas mecánicos, circuítos eléctricos e electrónicos, circuítos neumáticos e hidráulicos, deseño e montaxe de circuítos, Instrumentos de control, Materiais e procesos de fabricación, recursos enerxéticos, consumos, e impacto ambiental.

Enlaces de interese:

- [Web] openproject.org

- [Web] Naturgy (luz y gas)

- [Web] FreeCad

- [Web] Crocodile Clips

- [Web] Kahoot

- [Web] areatecnologia.com (Programas gratis de Tecnoloxía)

- [Noticia Web] Endesa inicia reforma de la central de As Pontes para reducir emisiones.